2021-Gimnasia verano

2021- Concello de Vigo

ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE NAS PRAZAS DA CIDADE.

A Concellería de Política de Benestar social pon en marcha durante os meses de xullo e agosto, abertas á poboación en xeral, prestando especial atención ás persoas maiores.

No mes de xullo levaranse a cabo dende o día 5 ao 30, de luns a venres, en horario de 10:30h a 11:30h

No mes de agosto dende o día 2 ao 30, (luns 16 sen actividade) de luns a venres, en horario de 10:30h a 11:30h

Sen necesidade de inscripción e totalmente gratuita.

2021- Fiesta de San Pedro

Fiesta del socio 2021

  • Título de diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título de diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título de diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título de diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título de diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título de diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón

Actividades deputación Pontevedra

Castelo de Soutomaior

Visitas caracterizadas a cargo de Aguias

Argumento: o interese paisaxístico de Soutomaior e a súa evolución a través do tempo contado por tres personaxes relacionadas coa historia propia do castelo. María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria farán un percorrido polo parque botánico que rodea a fortaleza, contarán as súas vivencias, anécdotas e algún que outro segredo acaecido neses xardíns. As árbores senlleiras, o xardín francés, as sequoias e os viñedos formarán parte deste escenario testemuña de parte da historia de Galicia. 

Personaxes: María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria

Duración: 60 minutos

Prezo: 8 €

Reserva e venda de entradas: castelodesoutomaior.com

Público ao que vai dirixido: adulto

Datas e horarios:

  • Maio: 30, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h
  • Xuño: 6, 13, 20 e 27, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h
  • Xullo: 7, 14, 21 e 28, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h
  • Agosto: 4, 11, 18 e 25, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h


Visitas teatralizadas a cargo de Troula

Título: Irma e Diña

Argumento: a través dunha das personaxes máis significativas da historia do castelo de Soutomaior, Pedro Madruga, coñeceremos os contos e peripecias que fixeron del unha das figuras máis relevantes do século XV en Galicia, sempre desde un punto de vista familiar e moi participativo.

Ademais contaremos coa participación de Paio Gomes, leal acompañante, que co seu laúde musicalizará as andanzas de Pedro con coplas versadas que lle achegarán as súas aventuras ao público dunha forma divertida.

Paio Gomes, a través de viaxes temporais, musicalizará tamén as historias doutras figuras fundamentais no castelo noutras épocas coma María Vinyals.

Como contrapunto a esta historia aparecerán dúas personaxes, as labregas Irma e Diña, que contarán a historia do pobo, os costumes e as formas de vida das galegas de a pé no século XV, e participarán nunha delirante aventura xunto a Pedro e Paio na busca da verdade e o descubrimento da historia.

Deste xeito, ambas as partes darán a coñecer a historia do castelo desde dous puntos de vista diferenciados, sempre dunha forma dinámica, educativa, participativa e familiar, para amosar a importancia das mulleres labregas na época medieval como grandes esquecidas da historia.

Personaxes:

  • Irma e Diña, as labregas
  • Pedro Madruga
  • Paio Gomes

Duración: 60 minutos

Prezo: 8 €

Reserva e venda de entradas: castelodesoutomaior.com

Público ao que vai dirixido: familiar

Datas e horarios:

  • Xuño: 5, 12, 19 e 26, dous pases, ás 16:30 e ás 18:00 h
  • Xullo: 5, 12, 19 e 26, catro pases, ás 11:00, 13:00, 17:00 e 18:30 h
  • Agosto: 2, 9, 23 e 30, catro pases, ás 11:00, 13:00, 17:00 e 18:30 h
  • 6 de setembro: catro pases, ás 11:00, 13:00, 17:00 e 18:30 h


BRAÑAS DE XESTOSO (SILLEDA, FORCAREI, A ESTRADA)

Inscripcións

https://www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas

Día da actividade: 20 de xuño de 2021
Prazo de inscrición: Do 7 de xuño, ás 9 h ata o 17 de xuño, ás 15 h

Este espazo, declarado Zona de Especial Conservación e protexido pola Rede Natura 2000, atópase na zona norte e interior da provincia de Pontevedra, no límite entre os concellos da Estrada, Silleda e Forcarei.

Trátase dunha estupenda representación das serras baixas interiores da provincia de Pontevedra, con diferentes e valiosos ecosistemas coma brañas, prados húmidos, turbeiras, matogueiras baixas, rochedos, carballeiras e a lagoa Sacra de Olives.

Nos meses de primavera estes diferentes ecosistemas son os hábitats ideais para observar e escoitar escribentas amarelas e riscadas, lavercas, tordos charlos, trigueiróns ou especies migratorias procedentes de África, coma os picanzos vermellos, as picas das árbores, o cuco, a bubela...

Así mesmo, é un magnífico lugar para as rapaces, aves tan fermosas coma a tartaraña cincenta, a gatafornela, a aguia cobreira, o miñato abelleiro ou o falcón peregrino, entre outras.


Bosque terapéutico

Inscripcións

https://www.depo.gal/visitas-guiadas-bosques-terapeuticos


As visitas guiadas a espazos naturais sempre son unha aposta segura en canto á oferta de actividades de lecer. Nestes momentos tan excepcionais cómpre aínda máis reformular a relación entre as persoas e a natureza, e que mellor forma de facelo que a través da actividade "Bosques terapéuticos", onde se mesturan natureza, exercicio, cultura, historia e saúde.

Os bosques terapéuticos baséanse na terapia de Shinrin Yoku ou ‘baño de bosque', técnica orixinaria do Xapón e que consiste en internarse na natureza para relaxar a mente e reducir o nivel de tensión. Debe ser unha experiencia consciente, na que abrir os cinco sentidos, respirando fondo e camiñando, mentres conectamos co contorno a un ritmo sanador.

Esta actividade realizarase na provincia de Pontevedra, en concreto nos salóns do Lérez (Pontevedra), no Parque Natural Monte Aloia (Tui), no Espazo Natural Arco da Vella (Bembrive, Vigo), no Espazo Natural Cabo Udra (Bueu), na Ruta da Pedra e da Auga (Meis), nos bosques da Picaraña (Ponteareas), no Sendeiro Azul do Río Verdugo (Ponte Caldelas), na senda do Almofrei (Cerdedo-Cotobade) e na Fraga de Catasós, adaptada ao patrimonio cultural e natural de cada municipio para que a propia terapia se converta nun recurso de ecoturismo axustado a cada estación do ano.

Preténdese que as persoas visitantes gocen dunha experiencia cultural terapéutica e enriquecedora.

As visitas guiadas están destinadas ao público xeral, que deberá desprazarse ata o lugar de encontro de comezo da ruta polos seus propios medios. Polas especiais características das rutas nas que se realizará algún tipo de dinámica relacionada cos bosques terapéuticos, as e os participantes, tanto persoas adultas coma nenas e nenos (cunha ou cun acompañante responsable), deberán gardar, en todo momento, as normas de silencio e de respecto ao grupo, á actividade e ao espazo, indicadas pola ou polo guía.


20/05/2021-La Voz de Galicia

Asociaciones y negocios buscan el mejor método para garantizar un aire sano a los usuarios


Desinfección y regeneración a base de ozono y destrucción de patógenos a través de plasma se combinan con medidores de CO2 y temperatura corporal.


El final progresivo de las restricciones empieza a suponer un alivio para asociaciones y negocios de la ciudad. Aunque muchos de ellos ya hace tiempo que decidieron garantizar la seguridad de usuarios y clientes, otros se afanan ahora por buscar el mejor método para ofrecer un aire sano y evitar el contagio por aerosoles en el interior de los establecimientos. Entre los adelantados a la hora de afrontar el problema está la asociación de vecinos de Sárdoma, con 450 socios y pionera en el movimiento vecinal.


«Fuimos la primera asociación que adquirió un equipo de desinfección. Indicándole los metros cuadrados de la habitación calcula el tiempo que tiene que trabajar para activar el ozono y airear»

explica el presidente de la entidad, Eduardo Alonso Román. Un mando con una clave les permite saber cómo está el ambiente.

«Si está por debajo de uno puedes entrar en la habitación y si está por encima, tiene que seguir limpiando. Además, posee múltiples usos, porque en la biblioteca teníamos termitas y desaparecieron. Primero desinfecta y luego regenera el aire», apunta.


El aparato convierte el oxígeno en ozono con la electricidad y elimina patógenos. «A diferencia de los que son temporizadores sin más y no saben si llega a la concentración necesaria, incluye un sensor para saber si es la adecuada y contiene filtros de carbón activo que elimina el ozono una vez que termina de limpiar», según explica Manuel Rañal, director técnico de Hermes Smart Control, empresa que lleva con su socio de Xavier Barra y con sede en Porto do Molle. En otros locales, como el Centro de Estudios Juan Leyva, en Rosalía de Castro, se han decantado por un sistema de desinfección del aire a través del plasma (gas parcialmente ionizado), de la empresa Novaerus con sede en Vigo y A Coruña.


«Nos da seguridad y gracias a Dios hemos terminado bien. Damos clases a estudiantes de bachillerato y universidad y aunque con la pandemia hemos tenido que organizar grupos reducidos, queríamos asegurarnos», comenta el director, Juan Leyva. Este mismo sistema lo utilizan las farmacias Abril, en Vigo y Pontevedra, la Clínica de Fertilidad y Reproducción Asistida NIDA, y los supermercados de las estaciones de servicio Galuresa.

«Son pequeños dispositivos portátiles, que introducen el aire del ambiente, pasa como si fuera por una especie de bovinas y se produce la destrucción de patógenos. Es un dispositivo médico que ahora se usa para todo tipo de locales: abogados, notarios, academias... Aunque se use mascarilla, da tranquilidad», explica Miguel Álvarez, un portavoz.

Aclara que destruye microorganismos, virus, bacterias, levaduras y compuestos volátiles y que en espacios con olores, los elimina. En los establecimientos de hostelería las alternativas para controlar el aire son muy variadas. En algunos locales de la Alameda han optado por los tratamientos del aire y las superficies a través de luz ultravioleta, con la que se elimina no solo el virus causante del covid, sino otros microorganismos. Esta solución está concebida para espacios cerrados y con poca ventilación y mucha acumulación de personas. Es el caso de vestuarios de instalaciones deportivas, edificios públicos o pequeños establecimientos. En Marina Cíes Beach Club, ubicado en la playa de Samil, además de velar por la calidad de aire interior, disponen de un aparato que controla la temperatura corporal de los clientes, una opción empleada también en algunos hoteles.

Lo más extendido en el sector hostelero son los medidores de CO2 como el que tiene el bar restaurante La Candela, en la calle Rosalía de Castro. De esto sabe bien la empresa Rodavigo, que ya lleva vendidos casi medio millar de aparatos. Hasta ahora la obligación de medir el aire solo afectaba a los restaurantes, pero con las nuevas medidas que se adopten hoy su uso podría extenderse al resto de la hostelería. En cualquier caso, se trata de la solución más barata, ya que se pueden encontrar por 70 u 80 euros. Solo indican la cantidad de CO2 existentes en el aire. Si está por debajo de 750 es buena. Lo que no hace es desinfectar. #lavozdegalicia


OSCAR VÁZQUEZ

MARÍA J. FUENTE

18/05/21- Día internacional del museo

18 de maio: Día Internacional dos Museos

“O futuro dos museos. Recuperar e reimaxinar”

O MARCO celebra unha data tan especial con obradoiros para público infantil e adulto, que se escalonarán durante catro días consecutivos, do 18 ao 21 de maio, xunto a visitas guiadas á exposición 4 PROXECTOS e actividades do Club de Lectura.

https://bit.ly/3y9INJK

#DIM2021 #OFuturoDosMuseos @ICOMOfficiel


O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2021

O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos en 1977 para sensibilizar o público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, cada 18 de maio miles de museos de países e territorios en todo o mundo celebran este día en torno ao tema elixido polo ICOM para cada edición —incluído o pasado 2020, cun altísimo índice de participación a pesar das limitacións impostas por un formato exclusivamente dixital.

A crise da Covid-19, propagada polo mundo enteiro, tivo graves repercusións no sector cultural a curto e longo prazo. Non obstante, tamén serviu de catalizador para innovacións cruciais que xa estaban en marcha. En particular, un maior enfoque cara á dixitalización e a creación de novas formas de experiencia e difusión, e o reforzo do potencial creativo da cultura como motor de recuperación e innovación na era post-Covid.

Co tema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”, o Día Internacional dos Museos 2021 invita aos museos, aos seus profesionais e ás comunidades a crear, imaxinar e compartir novas prácticas de (co)creación de valor, novos modelos de negocio para as institucións culturais, e solucións innovadoras para os retos sociais, económicos e ambientais do presente.

As actividades xirarán ao redor da exposición “4 PROXECTOS. Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, Mar Vicente”, recentemente inaugurada nas salas da planta baixa. O diálogo cos distintos espazos, que está na base deste proxecto expositivo, será o eixe condutor dos percorridos e talleres sobre a obra de cada artista.

En liña co lema do ICOM para esta edición, trátase de crear, imaxinar e compartir propostas contemporáneas partindo, neste caso, dun patrimonio arquitectónico como é o propio edificio do MARCO e os espazos que o conforman.

 

ACTIVIDADES

 

“O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”

CALENDARIO E HORARIOS:

·         Martes 18, mércores 19, xoves 20

Actividades e obradoiros para público infantil, en torno á exposición “4 PROXECTOS”

Destinatarios: público infantil a partir de 3 anos

Horarios:

De 17.00 a 18.30 participantes de 3 a 6 anos

De 19.00 a 20.30 participantes de 6 a 12 anos

·         Venres 21 maio

Obradoiro para público adulto, en torno á exposición “4 Proxectos”

Destinatarios: público adulto en xeral (reserva preferente membros AAM Agrupación Amiga do MARCO)

Horario: ás 18.00

·         Martes 18, mércores 19, xoves 20, venres 21 maio

Visitas á exposición “4 Proxectos” guiadas por monitores MARCO

Destinatarios: público en xeral

Horario: ás 12.00

·         Venres 21 de maio

Visitas á exposición “4 Proxectos” guiadas por artistas participantes

Destinatarios: actividade exclusiva para membros AAM Agrupación Amiga do MARCO

Horarios:

Ás 17.00: visita con Rosendo Cid. “Todo aquilo que acontece e con todo non é”

Ás 19.00: visita con Mónica Alonso. “A maxia do colibrí. Seis casos desesperados”

·         Mércores 19, venres 21 maio

Sesións Club Lectura

Destinatarios: participantes Club Lectura #BiblioMARCO

Horarios:

Mércores ás19.00 = Grupo virtual por Zoom

  • Mark Oliver Everett. Cosas que los nietos deberían saber

Venres ás 19.00 = Grupo presencial

  • Julian Barnes. O ruido do tempo

 

INSCRICIÓN ACTIVIDADES:

A partir do venres 14 de maio en Taquilla MARCO

Tel. 986 113900 (extensión 100)

recepcion.marco@gmail.com

Horario taquilla: de martes a venres de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 (domingos de 11.00 a 14.30)


17/05/21- Día de las letras gallegas

Programación celebración do día das letras galegas

A partir das 10:30 h
“APAÑANDO VERBAS PERDIDAS”
Recollida de vocábulos en desuso
10:30 h.
ACTIVIDADES PARA NENOS E NENAS:
Obradoiros sobre a figura da homenaxeada: Xela Arias.
11:00 h.
VISITA ESPECIAL GUIADA AO MUSEO:
“Cruce de camiños: a etnografía na ficción literaria”.
12:30 h.
ENTREGA DE PREMIOS:
VIII Concurso Fotográfico: IX Concurso de Relatos para nenos e nenas de E.P e E.S.O.
13:00 h.
CONFERENCIA
“Cultura gastronómica galega. As mulleres como protagonistas”, a cargo de Xavier Castro Pérez, e presentación do catálogo “A mesa farta”.
Actividade exterior, polo tanto suxeita á climatoloxía.

 

ACTIVIDADES SUXEITAS A INSCRICIÓN PREVIA:
No enderezo electrónico 
recepcion@museoliste.org / teléfono 986 24 46 98


2021- Camiño a camiño

Programa:


Domingo, 9 Maio

Paseo: Sendeiro local Candeán. Punto de encontro: Parque F. Vixiador
Actuacións: Froles Novas. Tarambainas


Domingo, 16 Maio

Paseo: Sendeiro local Cabral. Punto de encontro: Entrada IFEVI
Actuacións: Fiadeiro. Son das Ferriñas


Domingo, 23 Maio

Paseo: Sendeiro local Beade-Bembrive. Punto de encontro: Área Recreativa do Pouso (Bembrive)
Actuacións: Queixumes. Beade Pandereteiras


Domingo, 30 Maio

Paseo: Sendeiro local Zamáns. Punto de encontro: Parque F. Zamáns
Actuacións: Andarela. Pardavila

2021- Taller cuentacuentos

El próximo 15/05/21 se celebra el día internacional de la familia, por lo que queríamos hacer algo especial. Por lo que nuestros compañeros de Fitciones van a hacernos disfrutar con un taller de cuentacuentos que empezará a las 17:30. Tenemos plazas limitadas, no te quedes sin la tuya!!

2021- Gimnasia suave

2021- Campamento urbano

¡¡ABRIMOS PLAZAS PARA EL CAMPAMENTO DE VERANO!!


Desde el 1 de junio al 31 de agosto, contamos con nuestros compañeros de Fitciones para este maravilloso campamento de verano.


Habrá muchas actividades para los pequeños de la casa entre 3 y 13 años. El horario será de 09:00h a 14:00h y también tenemos servicio de madrugadores y de fiambrera.


Si tenéis alguna duda podéis contactar en el 689 46 54 45 (asociación) o al teléfono de Víctor 635 384 575.


Para las inscripciones contactad con Víctor en el correo fitciones@gmail.com


                   PLAN DE EMPREGO 2021


2021- ACTIVIDADES

Share by: